InicioVigo e contornaVigoBolsas comedor do Concello de Vigo para este curso: 1,72 millóns de...

Bolsas comedor do Concello de Vigo para este curso: 1,72 millóns de euros para 4.038 axudas

Segundo informou o alcalde, Abel Caballero, nunhas declaracións remitidas aos medios, desde o pasado venres os colexios da cidade xa dispoñen da listaxe de familias beneficiarias das axudas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo deu luz verde este luns, nunha sesión extraordinaria, a resolución da convocatoria das bolsas de comedor para estudantes da cidade, e aprobou a concesión de 4.038 axudas, cunha dotación económica de 1,72 millóns de euros.

Segundo informou o alcalde, Abel Caballero, nunhas declaracións remitidas aos medios, desde o pasado venres os colexios da cidade xa dispoñen da listaxe de familias beneficiarias das axudas.

Neste curso, asignáronse 82 bolsas máis que no curso pasado, e a dotación económica das axudas creceu. “En Vigo non hai nin un só neno ou nena en lista de espera”, subliñou o rexedor, que volveu a lembrar que ese tipo de axudas son “obrigación e competencia” da Xunta de Galicia, que recibe fondos do Goberno central para ese tipo de bolsas.

Con todo, incidiu, na cidade olívica son asumidas polo Concello. A que dedica o diñeiro a Xunta? Onde mete o diñeiro que lle quita á xente que o necesita?”, cuestionou Caballero.

Por outra banda, o alcalde tamén informou da aprobación para contratar as obras de reforma da piscina de Teis, un proxecto no que se investirán case 7 millóns de euros para facer unha instalación “practicamente nova”, tras o incendio que sufriu esta piscina en maio de 2022.

Segundo explicou Caballero, as obras arrincarán no primeiro semestre de 2025 e o prazo de execución aproximado é de 2 anos. Ademais da reforma da fachada e a cuberta, renovarase todo o sistema eléctrico, ampliaranse os aseos e vestiarios, crearanse novas salas para actividade deportiva, mellorarase a eficiencia enerxética e a protección contra incendios.

ÚLTIMAS

Caballero amosa o seu apoio aos centros escolares públicos: “As obras que non fai a Xunta facémolas nós”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este martes unha reunión con membros da...

A FIFA visitará en novembro e decembro as sedes do Mundial 2030

A FIFA efectuará unha serie de visitas a sedes do Mundial 2030 en España,...

Caballero, o primeiro rexedor en reclamarlle ao novo conselleiro de Medio Ambiente

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, aproveitou o nomeamento do novo conselleiro de Medio...

Investigan conexións dos bidóns de combustible achados en Carnota e en Vigo cunha narcolancha de Portugal

A Garda Civil abriu unha investigación a raíz do achado de garrafas de gasóleo...