InicioMovementos SociaisA piques de desconvocarse a folga no sector do conxelado coa promesa...

A piques de desconvocarse a folga no sector do conxelado coa promesa de subas salariais de case o 20%

O preacordo asinado no sector dos elaborados do mar contempla subas salariais do 16-20% nos catro anos de duración do convenio. A folga desconvocarase en caso de ratificarse esta suba.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O preacordo de convenio colectivo estatal asinado este sábado entre os sindicatos e a patronal do sector dos produtos elaborados do mar supón un “avance fundamental”, segundo defenden os sindicatos, na “dignificación” das condicións laborais ao contemplar unha importante suba salarial (do 16 ao 20% segundo a categoría) e incluír boa parte das melloras sociais que reclamaban os traballadores.

Con todo, as asembleas que se celebran a partir deste luns nas empresas deberán ratificar o pactado, o que suporía a desconvocatoria da folga indefinida prevista para este xoves 15.

O achegamento entre as partes (as centrais CIG, CCOO e UGT e a patronal Conxemar) produciuse tras oito horas de negociación nun encontro que se celebrou en Vigo e no que participou a presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais.

Por volta das nove da noite asinábase unha acta que contempla como principais aspectos unha suba de soldos total nos catro anos de duración do convenio (2018-2021) do 16 ao 20% segundo a categoría laboral, incremento e creación de novos pluses, redución da xornada, aumento das licenzas, ademais de regularse a subcontratación e o uso das ETT.

Agora deberán ser as asembleas de traballadores que se celebrarán nas empresas a partir deste mesmo luns as que ratifiquen un texto que tamén establece a creación do permiso retribuído para acompañar a menores ao médico -algo que era unha reclamación histórica do persoal do sector- e o aumento de categoría para todas as empregadas que leven tres anos contratadas nunha compañía.

No caso de que o preacordo sexa aprobado pola maioría do persoal a folga indefinida prevista para este xoves 15 quedaría desconvocada.

Ademais do aumento salarial acordado (do 5,5% o primeiro ano, do 2 e do 2,1% cada un dos tres seguintes segundo as categorías e a inclusión do plus de convenio no salario base), o novo convenio recolle a extensión a todas as empresas do plus por uso de serra que xa abonaban algunhas compañías do sector e a creación dun novo complemento de refrixeración que ingresará o conxunto das operarios de planta.

Polo tanto, o ascenso de categoría pactado suporá que a partir do 1 de xaneiro do próximo ano as traballadoras ás que se lle aplique verán incrementado o seu salario en case un 7% por cento.

No que ten que ver coa contratación, regúlanse as “modalidades de subcontratación fraudulenta” como a que se fan a través das cooperativas de traballo asociado, as empresas multiservizos ou os centros especiais de emprego, de igual xeito que se fai o mesmo coas ETT, que terán que aplicarlle as traballadoras as condicións do convenio da empresa matriz.

Por último, a redución da xornada anual farase contabilizando como tempo de traballo os cinco minutos diarios de descanso para o bocadillo ou eliminando dous días do calendario laboral (16 horas).

O último ano de vixencia do convenio esta redución de xornada incrementarase, pasando a eliminar tres días de traballo ou a fixar o descanso para o bocadillo nos 7 minutos e medio diarios.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...