InicioCulturaO escritor porriñés Diego Giráldez García, Premio de Novela Blanco Amor con...

O escritor porriñés Diego Giráldez García, Premio de Novela Blanco Amor con ‘As obras póstumas’

No seu fallo, o xurado destacou o estilo "directo, rico e cargado de simbolismo" que caracteriza a obra premiada, na que aborda a historia dunha escritora que, ante o diagnóstico de demencia, reflexiona sobre a vida e sobre o seu traballo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O escritor do Porriño Diego Giráldez García é o gañador do XLIII Premio de Novela Eduardo Blanco Amor polo seu traballo ‘As obras póstumas’. Así o acordou o xurado, que se reuniu no Centro Cultural Marcos Valcárcel, ao escoller a obra por maioría entre un total de 49 orixinais presentados a esta edición, máis do dobre das obras recibidas na cita pasa. O galardón, organizado pola Fundación Eduardo Blanco Amor, está dotado con 15.000 euros e unha peza artística do escultor Acisclo Manzano.

No seu fallo, o xurado destacou o estilo “directo, rico e cargado de simbolismo” que caracteriza a obra premiada, na que aborda a historia dunha escritora que, ante o diagnóstico de demencia, reflexiona sobre a vida e sobre o seu traballo. A prosa elaborada de Giráldez, engadiu o xurado, crea unha “atmosfera estremecedora” sobre o tempo e a memoria e mostra a “dura realidade” sobre o tratamento da enfermidade psiquiátrica do pasado “sen caer en estereotipos”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...