InicioSucesosDetido un veciño de Chapela por venda de drogas na zona e...

Detido un veciño de Chapela por venda de drogas na zona e na área de Vigo

Nos últimos seis meses, o grupo de Policía Xudicial de Redondela realizou outras dúas operacións contra o menudeo nesta localidade, unha en maio e outra en outubro, desactivando outros dous puntos negros de venda de drogas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron a un veciño de Chapela como presunto autor dun delito de tráfico de drogas, por dedicarse supostamente á distribución de estupefacientes polo miúdo nesta parroquia redondelana e tamén na área de Vigo. Segundo informaron fontes policiais, a investigación comezou por mor de informacións recibidas sobre un home residente en Chapela que se estaría dedicando á venda de drogas a pequena escala. A Policía puido constatar que o sospeitoso realizaba as transaccións desde o seu vehículo.

O home quedaba cos compradores en distintos puntos de Redondela e Vigo, e entregáballes a mercadoría, ás veces haxix e ás veces cocaína, sempre en pequenas doses. O sospeitoso facíao a través do portelo do coche, ou no interior, nun breve lapso de tempo no que o ‘cliente’ entraba no vehículo. O sospeitoso foi detido o pasado 13 de novembro e posto a disposición xudicial. Nos últimos seis meses, o grupo de Policía Xudicial de Redondela realizou outras dúas operacións contra o menudeo nesta localidade, unha en maio e outra en outubro, desactivando outros dous puntos negros de venda de drogas.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...