InicioSucesosDetido, tras seis días oculto, o presunto autor do crime machista de...

Detido, tras seis días oculto, o presunto autor do crime machista de Baiona

PUBLICADO O

- Advertisement -

Garda Civil detivo na mañá deste xoves ao presunto asasino da moza de 36 anos, Estela B.S., que foi localizada morta na vivenda da súa expareja na zona das Ínsuas, na parroquia baionesa de Belesar, na madrugada do pasado venres, día 8 de novembro.

Segundo informou o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, foi a nai do home quen chamou á Garda Civil para indicarlles onde estaba o seu fillo, debido a que o agora detido “non aguantou a presión” da procura. Tal como dixo ante os medios de comunicación Losada, o home levaba case unha semana escondido e “sen comer”, nunhas condicións “bastante difíciles e duras”. Por iso, foi trasladado a un centro sanitario para a súa valoración.

Tras agradecer o labor da Garda Civil e trasladar as súas condolencias á familia e, en xeral, ao pobo de Baiona, Losada defendeu o sistema VIOGEN porque, segundo el, “funciona adecuadamente”.

Así, explicou que, a pesar de todo, “non se detecta ningún problema importante” no funcionamento do mesmo, xa que despois da orde de afastamento posta en abril de Estela, desenvolvéronse os controis con “absoluta normalidade” e coa perioricidad establecida. O detido tivera unha relación sentimental coa muller e tiña denuncias previas por violencia de xénero. De feito, o xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo ditou o pasado mes de abril unha orde de afastamento da vítima, que estaba rexistrada no sistema de seguimento VIOGEN, cualificada como de “risco medio”.

Na madrugada do pasado venres, o propio home, Humberto G.R., chamou ao 112 para informar de que se atopou a Estela á porta do seu domicilio e que a meteu na vivenda e tapado cunha manta. Con todo, cando chegaron os sanitarios (que só puideron confirmar o falecemento), o home fuxiu do lugar, alegando que non tiña nada que ver coa morte da moza e que el non ía comerse ” ese marrón”.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...