InicioVigo e contornaVigoANPAS de Vigo entregan mil firmas no Concello para a axilización de...

ANPAS de Vigo entregan mil firmas no Concello para a axilización de bolsas de comedor

A presidenta de FOANPAS, Iria Salvande, incidiu en que "as familias están fartas" desta situación, que vén repetindo os últimos anos, e que fai moitos alumnos non están a ir ao comedor ao non saber se son beneficiarios ou non da axuda, porque as súas familias non poden adiantar o diñeiro

PUBLICADO O

- Advertisement -

Representantes da Federación Olívica de Anpas (FOANPAS) presentaron este luns no rexistro do Concello de Vigo “as primeiras” mil firmas (a campaña de recollida continúa) para reclamar a axilización na resolución das bolsas de comedor, e volveron a denunciar que, un curso máis, as axudas non chegaron ás familias a pesar de que as clases comezaron hai dous meses.

A presidenta de FOANPAS, Iria Salvande, incidiu en que “as familias están fartas” desta situación, que vén repetindo os últimos anos, e que fai moitos alumnos non están a ir ao comedor ao non saber se son beneficiarios ou non da axuda, porque as súas familias non poden adiantar o diñeiro. “Non nos dan un prazo, pero calculamos que este curso chegarán máis tarde que nunca, en xaneiro”, explicou, e repetiu que “non é un problema de diñeiro”, xa que o Concello paga, senón de saber que alumnos terán a bolsa para que as Anpas poidan actuar.

En todo caso, xa advertiu de que a maior parte das Anpas non poden adiantar o diñeiro de todos os nenos, e as asociacións estiman que unha gran parte dos beneficiarvos das axudas, uns 600 nenos e nenas, non están a acudir ao comedor por non poder sufragar o custo (uns 85 euros ao mes por cada comensal).

Esta situación tamén incide no funcionamento do propio servizo, desequilibra os prezos dos menús, o número de monitoras, o pago a este persoal, entre outros inconvenientes. Ademais, explicou Salvande, o Concello está a aforrar uns 300.000 euros, porque as veces que eses nenos non van ao comedor non se computan, e non se lles pagan eses menús.

Finalmente, a presidenta de Foanpas advertiu de que o curso que vén, “non arrincará o servizo de comedor se non están resoltas as bolsas” do Concello.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...