InicioSucesosAcusan a un home de Mondariz de roubar ao seu veciño para...

Acusan a un home de Mondariz de roubar ao seu veciño para lucrarse no mercado de segunda man

O suposto autor é acusado de roubar un DVD, unha televisión ou unha bicicleta estática, entre outros moitos obxectos, que despois vendía en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un veciño de Mondariz, de 41 anos, como suposto autor de dous roubos cometidos o pasado mes de outubro nun domicilio do mesmo municipio.

Segundo as investigacións levadas a cabo por efectivos do Posto Principal da Garda Civil de Ponteareas, acúsaselle da comisión de dous roubos cometidos o pasado mes de outubro na escasa marxe de tempo dunha semana, no interior dunha vivenda de Mondariz que se atopaba próxima ao seu domicilio.

As pescudas concluíron cando a Garda Civil, por mor das xestións realizadas, recupera unha impresora, un xogo de plumas e dous sacos de durmir nun establecemento de compra venda de obxectos de segunda man en Vigo.

En este mesmo establecemento comercial estaban rexistrados outros obxectos, que tamén figuraban como subtraídos, pero que non puideron ser recuperados porque xa foran vendidos a terceiras persoas.

Unha vez identificado e localizado, o presunto autor dos dous roubos fixo entrega voluntaria doutro lote de obxectos roubados que aínda tiña no seu poder, entre eles estaban un DVD e unha bicicleta eléctrica.

O resto dos obxectos que faltaban por recuperar foron localizados noutros dous establecementos comerciais de Vigo, figurando un trípode, un lector externo de DVD e un televisor.

As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Instrución de garda de Ponteareas, onde deberá comparecer este veciño, cando sexa requirido, en calidade de investigado como presunto autor de dous delitos de roubo con forza nas cousas.

ÚLTIMAS

Juan Barbazán triunfa no Festival de Cans cos tres premios de “María Rita”

'María Rita', de Juan Barbazán, confirmou como a gran gañadora na entrega de premios...

Primeiro día de folga do lixo en Vigo tras o desencontro entre sindicatos e empresa

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...

Feridas catro persoas tras bater o seu vehículo contra varios estacionados en Vigo

Catro persoas resultaron feridas en Vigo tras bater o seu vehículo contra varios estacionados....

Os traballadores do lixo de Vigo van á folga indefinida desde este domingo tras fracasar a negociación

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...