InicioSociedadeUnha extraballadora dunha residencia da rúa Emilia Pardo Bazán enfróntase a 3...

Unha extraballadora dunha residencia da rúa Emilia Pardo Bazán enfróntase a 3 anos de cárcere por estafar 3.450 euros a unha anciá

Aproveitando a súa proximidade con ela, subtraeu un cartón bancario que a muller tiña gardada entre as súas pertenzas, xunto cun papel no que anotara o 'pin' do cartón.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha extraballadora dunha residencia de anciáns de Vigo enfróntase a unha pena de 3 anos de cárcere por subtraer un cartón bancario a unha usuaria do centro e retirar con ela 3.450 euros da súa conta. A muller está acusada dun delito leve de furto e un delito de estafa, e será xulgada este mércores na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica.

A acusada traballaba como auxiliar de enfermaría nunha residencia de anciáns da rúa Emilia Pardo Bazán de Vigo desde 2021, e atendía diariamente, entre outras persoas, a unha anciá de 93 anos. Aproveitando a súa proximidade con ela, subtraeu un cartón bancario que a muller tiña gardada entre as súas pertenzas, xunto cun papel no que anotara o ‘pin’ do cartón.

Entre agosto e setembro de 2022, realizou ata 9 extraccións de diñeiro da conta en caixeiros de Abanca da cidade de Vigo. En total, retirou 3.450 euros da conta da muller. Unha sobriña da anciá decatouse do que pasara ao revisar a conta da muller (que faleceu uns meses despois), e anulou o cartón, antes de pór a denuncia en Comisaría. Por estes feitos, a Fiscalía pide que sexa condenada a 3 anos de cárcere e ao pago dunha multa de 2.400 euros. Tamén reclama que indemnice aos herdeiros da vítima en 3.450 euros, máis os gastos que lles ocasionou.

ÚLTIMAS

A Garda Civil recolle pistas sobre o atropelo mortal na AP-9 en Teis

A Garda Civil continúa investigando o atropelo mortal a un home de 33 anos ocorrido na...

OPINIÓN.- A vivenda como dereito nun modelo de cultura económica neoliberal

Cando falamos de vivenda habitual, estamos facendo referencia a un dereito fundamental recollido na...

Investigan o atropelo mortal a un home de 33 anos na AP-9 en Vigo

A Garda Civil investiga o atropelo mortal a un home de 33 anos, veciño...

Vigo aproba o seu orzamento para 2025 cos votos a favor do PSOE e o ‘non’ de BNG e PP

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns o orzamento municipal para 2025, que...