InicioPolíticaCaballero deféndese pola polémica dos cartóns de acceso: "O PP non soporta...

Caballero deféndese pola polémica dos cartóns de acceso: “O PP non soporta que o Nadal de Vigo teña máis éxito que o Xacobeo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou que o PP e o BNG "nunca" falaron " ben" da campaña do Nadal da cidade, e, no caso dos 'populares', repetiu que "non soportan" que sexa un éxito, "o éxito turístico máis importante de Galicia, moito máis que o Xacobeo, ao que a Xunta dedica centos de millóns".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou que o PP e o BNG “nunca” falaron ” ben” da campaña do Nadal da cidade, e, no caso dos ‘populares’, repetiu que “non soportan” que sexa un éxito, “o éxito turístico máis importante de Galicia, moito máis que o Xacobeo, ao que a Xunta dedica centos de millóns”. Así o expresou o rexedor olívico nunhas declaracións remitidas aos medios, e tras as críticas do PP pola forma en que o Concello regulará o acceso ás rúas do centro con tráfico restrinxido durante o Nadal: mediante un cartón exclusivo para residentes empadroados, sen ter en conta a traballadores, usuarios de prazas de garaxe non empadroados, e outros casos.

Segundo explicou Caballero, esta medida tomouse para “dar facilidades aos residentes do centro” e “o PP oponse”. “A protesta é porque o PP e o BNG non soportan que o Nadal sexa un éxito tan importante que toda España está a esperar a que o alcalde de Vigo diga o día en que acende o Nadal”, sinalou. O alcalde incidiu en que nin o PP nin Rueda soportan que Vigo teña “o éxito turístico máis importante de Galicia, moito máis que o Xacobeo, ao que a Xunta dedica centos de millóns”. “Pregúntolle aos cidadáns cantas veces ouviron a Rueda falar ben do Nadal de Vigo, ou a Feijóo ou ao PP ou ao BNG. Nunca, son os únicos en España que falan mal do Nadal, non soportan os éxitos da cidade”, sentenciou.

“NON HAI MÁIS XORDO QUE O QUE NON QUERE OIR”

En resposta ás palabras do rexedor, o portavoz do PP, Miguel Martín, insistiu en que os ‘populares’ non están en contra do Nadal de Vigo, nin de dar facilidades aos residentes do centro, aínda que cuestionan o método dos cartóns de acceso. “Dixémolo moitas veces, pero non hai máis xordo que o que non quere oir, e ese é o problema, que Abel Caballero non escoita a ninguén”, sinalou o edil. Segundo subliñou, se o alcalde “prestase un mínimo de atención” daríase conta de que a campaña do Nadal viguesa ten “moitas cousas que solucionar”, e advertiu de que “enrocarse en que o Nadal de Vigo é perfecto e non ten marxe de mellora é non ver a realidade”.

Miguel Martín lembrou que os propios veciños cuestionaron o sistema dos cartóns de acceso, por levar impresos os datos persoais dos solicitantes e por non solucionar o acceso a traballadores ou a outras persoas que necesitan acceder á zona e non están empadroadas. “Pero para resolver un problema, primeiro hai que admitilo e non acusar aos demais de antivigueses ou antinavideños”, apostilou, antes de incidir en que “ninguén discute o éxito do Nadal, pero estaría ben coidar a quen sofren as súas consecuencias non desexadas, empezando por escoitarlles”.

ÚLTIMAS

Morre un home en Baiona tras ser rescatado da auga con síntomas de afogamento

Un home faleceu este martes no municipio pontevedrés de Baiona tras ser rescatado da...

Abel Caballero insiste en pedir a Facultade de Medicina e rexeita que Vigo sexa “unha colonia de Santiago”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en reclamar unha facultade de Medicina...

O comité de empresa do Concello de Vigo denuncia o mal estado das instalacións logo da caída dunha xanela

O comité de empresa e a xunta de persoal do Concello de Vigo denunciaron...

O acusado de violar unha muller mentres durmía queda exento de prisión

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulga este...