InicioSucesosEncalla un veleiro en Baredo, resultando ileso o seu único tripulante

Encalla un veleiro en Baredo, resultando ileso o seu único tripulante

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un veleiro de bandeira sueca encallou na madrugada deste venres nunha zona rochosa de Baredo, en Baiona, resultando ileso o seu único tripulante, que logrou chegar a terra polos seus propios medios.

Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 01.50 horas e foi un particular o que alertou de que un barco estaba encallado nas rochas, na zona de Rocamar, en Baredo.

O patrón do barco desorientouse cando trataba de chegar a porto, polo que terminou impactando coas rochas. Máis de media hora despois, coñeceuse que o home estaba en perfecto estado en casa dun veciño. Por iso, deuse aviso a Salvamento Marítimo, a Protección Civil, a Garda Civil e a Gardacostas. Esta mañá, os servizos de Salvamento Marítimo continúan na zona tratando de desencallar o barco, pero por agora non se puido remolcar, xa que é unha zona de dificil acceso tanto por mar como por terra, só accesible andando.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...