InicioEconomíaEmpregados de Vitrasa volven manifestarse para pedir "un convenio digno" ante a...

Empregados de Vitrasa volven manifestarse para pedir “un convenio digno” ante a “parálise” das negociacións

PUBLICADO O

- Advertisement -

Empregados de Vitrasa, a concesionaria municipal do transporte público de Vigo, saíron de novo este venres á rúa para demandar “un convenio digno” ante a “parálise” das negociacións coa empresa.

A concentración levou a cabo á primeira hora desta mañá diante das instalacións de Vitrasa, na estrada de Camposancos, debido á “parálise” na negociación do convenio, que leva caducado case catro anos.

Nun comunicado, a CIG, que preside o comité, lembrou que fai sete meses que finalizaron as mobilizacións, tras alcanzar un acuerco co obxectivo de retomar unha negociación que permitise desbloquear o conflito. A empresa pediu no seu día que necesitaba recuperar viaxeiros e cobrar o reequilibrio polas perdas derivadas da pandemia.

“A día de hoxe estas premisas cumpríronse: os viaxeiros xa son os mesmos ou máis que antes da pandemia, cun gasto menor para a empresa, xa que hai bastantes menos expedicións e un prezo de billete un 16% máis caro”, apuntan desde a organización sindical, indicando que Vitrasa recibiu uns 18 millóns de euros de compensación.

Tras máis de 30 reunións, nunca se chegou a un acordo para o convenio e no último encontro Vitrasa comunicou que non podía mellorar a súa oferta, polo que non propuxo outra data. Por todo iso, traballadores saíron este venres á rúa.

ÚLTIMAS

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...