InicioSociedadeFOANPAS volve denunciar o atraso nas bolsas municipais de comedor: "É insustentable,...

FOANPAS volve denunciar o atraso nas bolsas municipais de comedor: “É insustentable, cada ano igual”

A Federación Olívica de Anpas, FOANPAS, asegura que "o 80 % das familias non levan aos nenos por non poder adiantar o custo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación Olívica de Anpas, FOANPAS, denunciou este martes, de novo, os atrasos na tramitación das bolsas municipais de comedor e material, o que provoca unha “situación insustentable” para as familias e as Anpas, “cando o curso xa empezou hai un mes”. A presidenta da Federación, Iria Salvande, compareceu ante os medios, xunto a outros representantes de Anpas viguesas, para explicar que este curso, do mesmo xeito que xa pasou en cursos anteriores, as solicitudes de bolsas de comedor non están resoltas “co curso empezado”. Isto tradúcese en que moitas familias, estiman que o 80 %, non están a levar aos nenos aos comedores escolares por non poder adiantar ese custo.

FOANPAS matizou que non reclama un adianto do diñeiro ao Concello, senón polo menos poder coñecer a listaxe de alumnos beneficiarios das axudas, para que a propia Federación poida adiantar ese diñeiro ás Anpas e estas ás familias. Segundo explicou Iria Salvande, dado que fai menos dun mes que se pechou o prazo de solicitudes, no mellor dos casos as bolsas estarán adxudicadas a finais de ano ou a principios do que vén. “Cada ano pasa igual. Todo o mundo sabe que o curso empeza en setembro”, subliñou, e avanzou que a entidade iniciará unha campaña de protesta. Así, a través de redes sociais e mediante carteis nos propios comedores (nos espazos libres que deixan os alumnos que non poden ir comer), difundirán o ‘hashtag‘ #faltanbolseiros, para evidenciar esas ausencias. Igualmente, iniciaron unha recollida de firmas para esixir medidas ao Concello.

“A situación é insustentable, e provoca un gran quebranto ás familias”, explicou a presidenta de FOANPAS, que lamentou que o persoal do departamento municipal de Benestar Social non dá abasto para tramitar as axudas a tempo do inicio do curso escolar. “A convocatoria ten que ser moito antes, para estar resolta en setembro. Hai unha falta de previsión importante do Concello”, censurou. Segundo explicou, o pasado ano, foron algo máis de mil os nenos beneficados con estas bolsas de comedor, só nos colexios públicos, ademais doutros 2.000 alumnos e alumnas de centros concertados. Para Salvande, é “desesperante” que cada curso se repita o mesmo problema, e lembrou que moitos deses nenos bolseiros reciben nos comedores escolares “a única comida boa que toman ao día”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...