InicioSociedadeUn futbolista acepta 3 meses de prisión por romperlle o nariz dun...

Un futbolista acepta 3 meses de prisión por romperlle o nariz dun cabezazo a un rival tras un partido en Gondomar

Os feitos ocorreron na tarde do 23 de outubro de 2022, tras a disputa dun partido entre o equipo do acusado, o C.D.Vincios, e o Moledo C.F, no campo da Pasaxe, en Gondomar. Cando os xogadores se dirixían por unhas escaleiras aos vestiarios, o acusado propinou un cabezazo a un xogador rival, provocándolle a fractura dos ósos do nariz.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a 3 meses de prisión ao futbolista Ángel C.F., acusado dun delito de lesións, despois de que este recoñecese que, en outubro de 2022, tras disputarse un partido de fúbtol, propinou un cabezazo a un rival e fracturoulle os ósos do nariz. Así, Fiscalía, acusación particular e defensa chegaron a un acordo de conformidade e o acusado recoñeceu os feitos, e aceptou esa pena de 3 meses de prisión, ademais do pago de 5.000 euros en concepto de indemnización ao prexudicado e de costas procesuais.

O tribunal acordou a suspensión da execución da pena durante un período de 2 anos, a cambio de que o procesado non delinca nese tempo, e de que pague a responsabilidade civil acordada. De feito, xa foron abonados 1.000 euros, e outros 1.000 euros pagaraos antes do próximo 15 de decembro; mentres que os 3.000 euros restantes serán abonados en prazos mensuais de 200 euros. Os feitos ocorreron na tarde do 23 de outubro de 2022, tras a disputa dun partido entre o equipo do acusado, o C.D.Vincios, e o Moledo C.F, no campo da Pasaxe, en Gondomar. Cando os xogadores se dirixían por unhas escaleiras aos vestiarios, o acusado propinou un cabezazo a un xogador rival, provocándolle a fractura dos ósos do nariz.

ÚLTIMAS

Feijóo, o candidato que tivo que borrar a hemeroteca para falar de xestión

Por Pedro de CastroNo debate a catro do 26 de novembro, Alberto Núñez Feixóo...

Policías portugues patrullarán conxuntamente coa policía española no Nadal de Vigo

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Alfonso Lago, deu a benvida aos dous axentes...

Desconvocada a concentración en Vigo do sector da perfumaría tras alcanzar preacordo sindicatos e patronal

Sindicatos desconvocaron a concentración prevista para este venres en Vigo no marco da folga...

Así será o novo Balaídos: 86 millóns, unha Tribuna de 14.200 espectadores e obras ata 2029

O futuro de Balaídos comeza a tomar forma sobre o papel, cun proxecto que...