InicioSucesosExcarceradas dúas persoas envorcar co seu vehículo en Castrelos

Excarceradas dúas persoas envorcar co seu vehículo en Castrelos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas tiveron que ser excarceras tras chocar contra a mediana e envorcar co seu vehículo na avenida Arquitecto Antonio Palacios, en Castrelos, Vigo. Segundo informou o 112, o suceso produciuse sobre as 00.00 horas deste sábado e foron varios os particulares que alertaban do accidente.

Ata o punto desprazáronse o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de Vigo, que, unha vez finalizaron as súas tarefas, explicaron que foi necesario excarcerar a dous ocupantes que foron trasladados ao centro hospitalario de referencia. Ademais, no operativo tamén participaron a Policía Local e os efectivos de protección civil.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...