InicioVigo e contornaVigoSuspendido por segunda vez o xuízo contra o presidente dos comuneiros de...

Suspendido por segunda vez o xuízo contra o presidente dos comuneiros de Cabral por un alboio ilegal

Este xuízo xa estivo sinalado para o pasado 18 de setembro, e naquel momento foi suspendido pola necesidade de realizar unhas comprobacións documentais. A vista sinalada para este xoves foi igualmente suspendida, neste caso pola falta dun informe

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado do Penal 1 de Vigo acordou suspender a vista sinalada para este xoves contra o presidente da Comunidade de Montes de Cabral, Luís Rodríguez, e outras dúas persoas, como supostas autoras dun delito contra a ordenación do territorio, pola construción dun galpón nunha zona protexida (no ámbito do plan de rexeneración do corredor natural do río Lagares).

Este xuízo xa estivo sinalado para o pasado 18 de setembro, e naquel momento foi suspendido pola necesidade de realizar unhas comprobacións documentais. A vista sinalada para este xoves foi igualmente suspendida, neste caso pola falta dun informe.

A Fiscalía pide para cada un do tres acusados 15 meses de prisión, e multa de 4.500 euros, ademais da demolición da devandita construción e a reposición do terreo ao seu estado orixinal.

Os feitos remóntanse a 2014, cando se iniciaron as obras de edificación do galpón. Tras unha denuncia veciñal, a Policía Local notificou aos promotores que tiñan que parar a obra, xa que non contaban con licenza.

Foi en 2016 cando unha inspección municipal constatou que se estaban construíndo de novo paredes e, no verán de 2017, terminouse o galpón, que quedou unido a outra edificación preexistente a través dunha nova cuberta.

OUTRAS CAUSAS XUDICIAIS

O presidente dos comuneiros de Cabral está ou estivo involucrado noutras causas xudiciais, entre elas unha investigación por un presunto delito contra o medio ambiente, vinculado a uns movementos de terras no nacemento do río Lagares. Nese caso, xunto a Luís Rodríguez, están investigadas tamén outras dúas persoas: un construtor vinculado a Rodríguez e un cidadán de nacionalidade romanesa.

Ademais, o pasado mes de abril, o TSXG ratificou unha condena do xulgado do contencioso-administrativo de Vigo, que confirmaba a sanción imposta contra os comuneiros de Cabral pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU). O organismo autonómico obrigou á entidade comunal a devolver ao seu estado orixinal unha parcela de 5.400 metros cadrados, á beira das instalacións da ITV (preto do Ifevi), na que se realizaron obras de acondicionamento para alugala como aparcadoiro.

Por outra banda, e antes desa sentenza, entre outras resolucións, un xulgado de Vigo xa fallara en contra dos comuneiros, ao anular o acordo para a cesión de terreos ao Aeroclub para o campo de golf; igualmente, os tribunais reprobaron no seu día á entidade pola expulsión de varios comuneiros hai anos, obrigando á súa readmisión.

ÚLTIMAS

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar que rexentaba en Vigo

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar...

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...