InicioSucesosFiscalía pide 200 euros de multa para un acusado de masturbarse diante...

Fiscalía pide 200 euros de multa para un acusado de masturbarse diante dunha menor, pero o home non acode ao xuízo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado do Penal número 2 de Vigo celebrou este xoves unha vista contra un acusado de masturbarse diante dunha menor en Vigo, pero o home non compareceu. Para el, Fiscalía solicita unha multa de 200 euros e o pago dunha indemnización á vítima de 350 euros, ademais dunha orde de afastamento sobre a moza de 300 metros durante dous anos.

A pesar de todo, o home non acudiu ao xulgado. Tras declaralo en rebeldía, a vista celebrouse igual coa presenza da menor e dos policías que a axudaron.

Segundo o escrito do Ministerio público, os feitos ocorreron o pasado mes de abril no barrio de Navia. Alí, mentres o home estaba nun escampado e a moza paseaba ao seu can, o acusado “guiado por un ánimo libidinoso e con propósito de obter unha satisfacción sexual, cando ela se atopaba mirando na súa dirección, exhibiulle o seu pene e comezou a masturbarse de modo que puidese velo”.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...