InicioSociedadeAbel Caballero esixe á Xunta liberar a peaxe da autoestrada do Val...

Abel Caballero esixe á Xunta liberar a peaxe da autoestrada do Val Miñor logo do anuncio de Rueda de rescatar castro autovías galegas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiu este martes á Xunta que "rescate" a autoestrada do Val Miñor, que une a cidade con Baiona, para liberala da peaxe, tras o anuncio do presidente galego, Alfonso Rueda, de que se rescatarán o catro autovías galegas con 'peaxes en sombra' (Barbanza, O Salnés, Ourense-Celanova e Santiago-Brión).

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, esixiu este martes á Xunta que “rescate” a autoestrada do Val Miñor, que une a cidade con Baiona, para liberala da peaxe, tras o anuncio do presidente galego, Alfonso Rueda, de que se rescatarán o catro autovías galegas con ‘peaxes en sombra’ (Barbanza, O Salnés, Ourense-Celanova e Santiago-Brión).

Nunhas declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico preguntou “por que na autovía (autoestrada) desde Vigo a Baiona págase peaxe?“. “Eu pregúntolle a Rueda, volveuse a esquecer de Vigo outra vez?”, cuestionou, antes de reclamar: “Eu tamén quero que a autovía Vigo-Baiona sexa libre de peaxe (…), dáme igual como o fagan, pero quéroa libre de peaxe”.

Por outra banda, Caballero subliñou que tamén mantén a súa reclamación da gratuidade da AP-9, e fixo fincapé no tramo Vigo-Pontevedra, porque comunica “unha área urbana cunha relación intensísima” e “ten que ser completamente gratuíta”.

Finalmente, subliñou que “cada vez que goberna o Partido Socialista, a autoestrada AP-9 rebaixa o seu prezo, hai gratis traxectos enteiros, gratis as voltas, máis descontos”, mentres que cando goberna o PP “non hai ningún desconto”.

ÚLTIMAS

UGT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UGT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...