InicioPolíticaCaballero ameaza con denunciar á Xunta por non financiar as escolas infantís...

Caballero ameaza con denunciar á Xunta por non financiar as escolas infantís de Vigo “e si a doutros concellos”

O goberno galego asegura que financiou con máis de medio millón de euros eses centros o curso pasado

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ameazou este luns con volver levar o financiamento das escolas infantís aos tribunais, e denunciou que a Xunta subvenciona a educación infantil (de 0 a 3 anos) en “moitos outros concellos”, mentres que en Vigo é a administración municipal a que asume o seu custo.

Nunhas declaracións gravadas e remitidas aos medios, o rexedor informou de que o goberno local aprobou a prórroga do contrato de xestión de dúas das escolas infantís municipais, a de Santa Cristina e a de Saiáns, por 538.000 euros. Segundo lembrou, Vigo conta con 9 escolas infantís municipais, cun total de 674 prazas, “totalmente gratuítas”, cunha subvención municipal de 2 millóns e medio de euros anuais, de maneira que non só é gratis a educación infantil, senón tamén a matrícula e o servizo de comedor destes centros.

“Última advertencia á Xunta: a Xunta non custea a gratuidade das escolas infantís municipais de Vigo e si as doutros municipios. Hoxe mesmo enviamos un requirimento a Rueda para que proceda a pagar a gratuidade destas escolas, que son gratis en moitos municipios e en Vigo a paga o Concello”, avisou o alcalde. Se non hai resposta a este requirimento, engadiu, o Concello acudirá ao contencioso-administrativo pola “fraude á cidade de Vigo”, e esixiu que a Xunta “trate a Vigo exactamente igual que a outros municipios”.

“MALA MEMORIA”

As críticas de Abel Caballero tiveron resposta por parte do goberno galego, en boca da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, que lamentou que ao alcalde “fállalle a memoria ou a información da que dispón”. “Ou quizá as dúas cousas, porque non quero pensar que mente a propósito“, apostilou.

Segundo sinalou Ortiz, “é falso” que a Xunta non achegue financiamento ás escolas infantís en Vigo e subvenciona en total unhas 3.400 prazas (entre públicas, privadas e de iniciativa social). No caso das escolas infantís municipais, a Xunta achegou para o pasado curso 524.000 euros. “Agora di que volverá aos xulgados, cando os xulgados xa rexeitaron ata en 4 ocasiones recursos presentados polo Concello (en materia de financiamento das gardarías)”, resolveu a delegada.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...