InicioSociedadeAfectados polos motores defectuosos de Stellantis mobilízanse ante a fábrica de Vigo...

Afectados polos motores defectuosos de Stellantis mobilízanse ante a fábrica de Vigo para pedir unha solución

Esperan que a empresa recoñeza o defecto de fábrica, retire os vehículos para achatarrar e retorne os importes abonados por reparacións e mantementos excesivos, que ofreza unha compensación por cada día que o vehículo estivo parado sen coche de substitución para o usuario e que compense a desvalorización do vehículo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Persoas afectadas polos motores defectuosos de Stellantis mobilizáronse ante a fábrica de Vigo para esixir á compañía unha solución polos motores dos vehículos que, “aos poucos anos da súa compra, deixan de funcionar por un fallo no motor” Ás 10.30 horas deste sábado concentráronse fronte ás portas da factoría e, posteriormente, iniciaron unha marcha lenta nos seus vehículos polos arredores.

Segundo detallou nun comunicado a Asociación de Afectados Stellantis (Afestel), esta é a primeira vez que se concentran diante da fábrica de Vigo. En Galicia a asociación estimou (tomando datos da DGT) que uns 19.000 vehículos están afectados por este tipo de motor: 8.016 na Coruña, 7.342 en Pontevedra, 2.022 en Lugo e 1.718 en Ourense.

Afestel espera que a empresa recoñeza o defecto de fábrica, retire os vehículos para achatarrar e retorne os importes abonados por reparacións e mantementos excesivos, que ofreza unha compensación por cada día que o vehículo estivo parado sen coche de substitución para o usuario e que compense a desvalorización do vehículo.

STELLANTIS

Pola súa banda, fontes da empresa detallaron que Stellantis “estende a súa garantía posventa” para os casos de motores de gasolina Puretech tres cilindros que teñan unha prematura degradación da correa de distribución. Neste sentido, detallaron que a correa de distribución pode ser atacada químicamente por aceite envellecido e degradado e o material da correa pode obstruir os filtros no circuíto de lubricación, que pode provocar un problema de presión de aceite. A empresa, explicaron as mesmas fontes, ofrece unha cobertura adicional de 10 anos ata 175.000 quilómetros aos clientes con vehículos matriculados entre abril de 2014 e xuño de 2022.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...

Tres anos de prisión para un home sorprendido con 10 gramos de cocaína nun bar de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...