InicioSociedadePiden prisión e pago de indemnización de máis de 7.000 euros para...

Piden prisión e pago de indemnización de máis de 7.000 euros para un encargado por acoso laboral a un empregado en Vigo

Un home que será xulgado este mércores na sala do Penal 2 de Vigo, enfróntase a un ano e medio de prisión e ao pago de indemnizacións por máis de 7.000 euros, por acosar supostamente a un empregado, ata o punto de que este sufriu un trastorno ansioso-depresivo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home que será xulgado este mércores na sala do Penal 2 de Vigo, enfróntase a un ano e medio de prisión e ao pago de indemnizacións por máis de 7.000 euros, por acosar supostamente a un empregado, ata o punto de que este sufriu un trastorno ansioso-depresivo.

Segundo o escrito de acusación pública, o procesado era no momento dos feitos, en 2022, encargado dunha empresa de mantemento que traballaba no centro comercial Vialia de Vigo. A vítima levaba pouco máis dun mes na empresa cando o acusado, “actuando con abuso do seu cargo e coa intención de atentar contra a dignidade do traballador”, mantivo con el “unha actitude de fustrigación e acoso”.

Así, dirixíase a el con insultos, chamándolle “inútil”, “mediocre”, “mentireiro” ou con expresións como “tes as neuronas en folga”, “non sabes traballar”, “convídoche a que che marches”, “este é parvo, imbécil, subnormal”, etc. Todo iso cunha actitude hostil e agresiva cara ao traballador, chegando a agarralo polo peito.

A Fiscalía expón que tamén o chamaba de forma insistente pedíndolle explicacións polo seu traballo, en ocasións ata 25 veces nun día, e obrigáballe a xustificarse e reportar as súas tarefas de forma continua.

Tras un ano de soportar esta situación, o traballador acudiu ao médico, que lle pautou un antidepresivo e un ansiolítico e, meses despois, ao persistir a actitude do encargado, pautoulle a baixa laboral.

Como consecuencia destes feitos, o traballador sufriu un trastorno ansioso-depresivo, mentres que a empresa sancionou ao encargado por infracción grave cometida contra varios traballadores, con suspensión de emprego e soldo durante 21 días. No caso do denunciante neste procedemento, o acusado non asumiu, instando un acto de conciliación ante o SMAC.

Por todo iso, o ministerio público considérao autor dun delito contra a integridade moral no ámbito das relacións laborais e dun delito de lesións; así, pide que sexa condenado a penas que suman un ano e medio de prisión, inhabilitación para exercer como encargado ou responsable de equipos de persoal por un ano, e a medida de afastamento da vítima por tres anos e medio.

Así mesmo, reclama que indemnice ao traballador en cantidades que suman algo máis de 7.200 euros polos prexuízos causados.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...