InicioEconomíaO CSIC recibe a licenza para derrube na antiga ETEA onde se...

O CSIC recibe a licenza para derrube na antiga ETEA onde se construirá a sede do IIM

En declaracións remitidas aos medios, o alcalde, Abel Caballero, matizou que o permiso de derriba afecta a edificios que non hai que conservar

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo concedeu ao CSIC a licenza para iniciar a derriba dos edificios da antiga ETEA (Escola de Transmisións e Electrónica da Armada) onde se construirá a nova sede do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM), que actualmente está en Bouzas.

En declaracións remitidas aos medios, o alcalde, Abel Caballero, matizou que o permiso de derriba afecta a edificios que non hai que conservar. “Unha parte moi importante das construcións ten que ser conservada e mantida, pero o que facemos é permitir a derriba dunhas edificacións que non teñen ningún valor”, explicou o rexedor.

Caballero lembrou que as novas instalacións do CSIC en Vigo custarán 40 millóns e que o novo edificio que se construirá tras a demolición na ETEA ten un custo estimado de 17 millóns de euros.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...