InicioVigo e contornaVigoOs danos da piscina de Teis obrigan a facer outra "practicamente nova",...

Os danos da piscina de Teis obrigan a facer outra “practicamente nova”, sinala Abel Caballero

Os veciños de Teis denunciaron en varias ocasións (mesmo con manifestacións) o atraso nas obras de rehabilitación da piscina que, antes do incendio, daba servizo a uns 1.200 usuarios

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves a aprobación do proxecto construtivo para a reforma da piscina de Teis, que está pechada desde maio de 2022 por un incendio que danou as instalacións. Dito proxecto foi adxudicado en febreiro pasado e a próxima semana recibirá a luz verde da Xunta de Goberno local, paso previo á licitación das obras, que se fará por 6,9 millóns de euros

Nunhas declaracións gravadas e remitidas aos medios, o rexedor olívico recalcou que o incendio “danou practicamente toda a piscina” polo que haberá que construír “unha nova”.

Caballero presumiu de que, ante un accidente grave como foi o incendio, o goberno municipal ten 7 millóns de euros “para facer unha piscina nova”. “Seguramente ningún outro concello en Galicia é capaz de facelo. Nós somos capaces de facelo porque somos un concello ben xestionado”, proclamou.

Tras a aprobación do proxecto, e máis de dous anos despois do sinistro que obrigou ao seu peche, iniciarase o proceso para licitar as obras da piscina, aínda que o alcalde non deu prazos para a adxudicación nin para o inicio ou finalización dos traballos.

Un incendio rexistrado en maio de 2022 causou danos severos na instalación deportiva municipal, debido ás chamas que se orixinaron no cadro de mandos. Un ano despois, en abril de 2023, o alcalde confirmaba que sería necesaría unha reforma profunda, que custaría ao redor dun millón de euros.

En agosto de 2023 licitouse por parte do Concello a redacción do proxecto de mellora da piscina, unha redacción que foi adxudicada en febreiro de 2024. O proxecto redactado será aprobado a próxima semana.

Os veciños de Teis denunciaron en varias ocasións (mesmo con manifestacións) o atraso nas obras de rehabilitación da piscina que, antes do incendio, daba servizo a uns 1.200 usuarios.

ÚLTIMAS

Casco Vello de Vigo aproba o seu plan ata 2030, con 25 inmobles de actuación prioritaria e un investimento de 15 millóns

O Consorcio Casco Vello de Vigo aprobou este xoves o seu plan de actuación 2026-2030,...

O Boletín Provincial publica catro recursos contra o acordo de aprobación da PXOM de Vigo

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publica este venres catro recursos contenciosos...

Stellantis Vigo amplía o paro de finais de outubro que afectará ás súas dúas liñas de produción

A dirección da factoría viguesa de Stellantis informou aos seus traballadores de que parará...