InicioSucesosDetido tras tentar atracar unha farmacia na Avenida da Florida e mostrar...

Detido tras tentar atracar unha farmacia na Avenida da Florida e mostrar unha nota manuscrita aos empregados con ameazas de morte

A Policía Local de Vigo confirmou a detención dun home de 41 anos de idade, J.R.L.G., como presunto autor dun roubo con violencia por tentar atracar unha farmacia a punta de navalla.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Policía Local de Vigo confirmou a detención dun home de 41 anos de idade, J.R.L.G., como presunto autor dun roubo con violencia por tentar atracar unha farmacia a punta de navalla, e intimidar aos empregados cun escrito no que lles ameazaba de morte se avisaban á Policía. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron o pasado venres pola mañá, cando o sospeitoso entrou na botica, situada na Avenida da Florida, e dirixiuse ao mostrador. Unha vez alí mostrou a un dos traballadores unha nota manuscrita na que podía lerse: “Comunícoche que isto é un atraco. Axiña que tentes activar o sistema de alarma rájoche o pescozo”.

A nota, escrita nunha folla de caderno cuadriculada, reclamaba que lle entregasen todo o diñeiro da caixa rexistradora, e insistía varias veces en que, se avisaban á Policía ou tentaban enganarlle, mataríaos “a todos”. O empregado da farmacia quedou paralizado ao comprobar que o atracador levaba unha navalla e, ao non reaccionar, o sospeitoso comezou a porse nervioso e a golpear o mostrador co puño. Nese momento, o farmacéutico aproveitou para agarrarlle a man, e iniciaron un forcexeo.

Aínda que o atracador tentou levar a caixa rexistradora, non o conseguiu e, ante a resistencia activa do farmacéutico, acabou por fuxir do lugar á carreira. Un empregado perseguiuno, pero perdeuno de vista nun canellón próximo. Unha vez descritos os trazos físicos do individuo e tras visionar as cámaras do establecemento, a Policía despregou un dispositivo de procura.

Precisamente, foi unha das empregadas da farmacia a que localizou ao home na Avenida de Castelao e avisou á Policía Local. Os axentes presentáronse de inmediato no lugar e comprobaron que o home era, en efecto, o sospeitoso do intento de atraco, aínda que se cambiou de roupa. A Policía procedeu á detención do individuo, que opuxo resistencia no momento do seu arresto. As dilixencias foron postas en coñecemento do xulgado de garda.

ÚLTIMAS

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...