InicioPolíticaO BNG de Vigo pide máis recursos para políticas sociais en lugar...

O BNG de Vigo pide máis recursos para políticas sociais en lugar da “propaganda obscena”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do BNG no Concello de Vigo reclamou este venres ao goberno local máis recursos para políticas sociais, en lugar da “propaganda obscena” do alcalde, Abel Caballero, que “presume” de outorgar axudas de emerxencia a familias vulnerables ocultando que a tramitación “chega a tardar ata dous meses”.

O portavoz do grupo, Xabier Pérez Igrexas, advertiu de que as manifestacións do rexedor son “a demostración da absoluta falta de sensibilidade social do goberno municipal” e lembrou que se destina máis diñeiro a subvencionar voos en Peinadora ou a luces de Nadal “que a atender as necesidades das máis de 60.000 vigueses e viguesas en risco de exclusión social e pobreza”.

“Falamos de que a media das axudas outorgadas no que vai de ano é de 336 euros, menos do que o Concello paga aos membros da Corporación por acudir a un pleno ordinario”, ironizou Pérez Igrexas.

Por iso, reclamou ao alcalde a “deixar de presumir da esmola dunhas poucas axudas, nunha actitude que lembra moito á indecente caridade doutros tempos” e mobilice máis recursos para axudar a quen máis o necesita, reforzando tamén o persoal dos servizos sociais municipais.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...