InicioCulturaO Underfest Xacobeo celebrarase en Vigo entre o 13 e o 22...

O Underfest Xacobeo celebrarase en Vigo entre o 13 e o 22 de setembro

PUBLICADO O

- Advertisement -

Do 13 ao 22 de setembro, seis auditorios e salas de Vigo acollerán as propostas musicais do festival Underfest Xacobeo, que celebra a súa sétima edición co apoio da Xunta a través do patrocinio da marca Fest Galicia.

‘Richard Hawley’, ‘Ash’, ‘Gigolo Aunts’ e ‘El mató a un policía motorizado’ encabezan un cartel con concertos de 20 artistas, que se distribuirán por diferentes espazos da cidade dándolle ao público a oportunidade de gozar da música ao vivo en distancias curtas.

O Underfest engade este ano ao seu nome a mención ao Xacobeo e renova a súa adhesión a Fest Galicia, o selo impulsado pola Consellería de Cultura que ten como obxectivo promover o territorio galego como destino musical baixo criterios de calidade e sustentabilidade.

O director da Agadic, Jacobo Sutil, participou este xoves na presentación do evento na Galería Maraca de Vigo xunto a Raquel Seijo e David Lago, responsables de Sweet Nocturna, promotora do festival.

Na súa intervención, Jacobo Sutil subliñou que desde a Xunta se abordan os festivais de música ao vivo como “eventos estratéxicos” pola súa capacidade para darlles visibilidade e promoción ao talento musical galego, así como ao territorio, á vez que contribúen á dinamización e profesionalización do sector.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...