InicioSociedadeRetómase este martes o macroxuízo contra os 28 acusados polo alixo de...

Retómase este martes o macroxuízo contra os 28 acusados polo alixo de 3,8 toneladas de cocaína do Karar

A principal incógnita é coñecer se declarará e cando o fará o que era xefe do GRECO encargado de dirixir a investigación, que estaba en situación de baixa médica antes do verán, e que está actualmente investigado por un xulgado de Murcia pola súa suposta vinculación coa actividade do narcotráfico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia de Pontevedra retomará o martes o macroxuízo contra os 28 acusados polo alixo de 3,8 toneladas de cocaína transportada no buque MV Karar, que foi interceptado en augas do Atlántico en abril de 2020, en plena pandemia. A vista renovarase no edificio da Audiencia en Pontevedra, xa que a sala grande da Cidade da Xustiza de Vigo estará ocupada os próximos días.

Este xuízo comezou en abril deste ano, e senta no banco a 28 acusados, entre os que están o arousán Juan Carlos Santórum, varias persoas da súa contorna, un exfuncionario de Aduanas e a súa muller, un cidadán colombiano, e os 15 tripulantes do barco apresado (cinco cidadáns de Bangladesh, nove de Nepal e un galego).

Tanto Santórum como o resto de acusados do seu círculo renunciaron a declarar no xuízo, porque non se lles permitiu facelo ao final do mesmo, cando xa puidesen escoitar a todas as testemuñas e peritos, pero si proclamaron a súa inocencia. Igualmente, desvinculáronse dos feitos (e si declararon), o funcionario de aduanas e a súa muller, o cidadán colombiano, e un construtor de barcos. Mentres, todos os tripulantes do MV Karar, incluído o galego, recoñeceron que sabían, cando partiron desde Panamá, que o barco ía transportar un cargamento de cocaína, que foi recollido nos primeiros días de travesía fronte ás costas de Colombia, con destino á Ría de Vigo.

A previsión é que as sesións do xuízo se alonguen polo menos ata decembro, xa que están citados ao redor dun centenar de testemuñas e peritos, e apenas compareceron algúns policías. A principal incógnita é coñecer se declarará e cando o fará o que era xefe do GRECO encargado de dirixir a investigación, que estaba en situación de baixa médica antes do verán, e que está actualmente investigado por un xulgado de Murcia pola súa suposta vinculación coa actividade do narcotráfico.

ÚLTIMAS

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...