InicioSociedadePiden prisión e indemnizacións por 178.000 euros para tres empresarios pola caída...

Piden prisión e indemnizacións por 178.000 euros para tres empresarios pola caída dun traballador dende un tellado no polígono do Caramuxo

O traballador atopábase na cuberta dunha nave de loxística cuxos responsables contrataran á súa empresa co encargo de revisar, limpar e reparar un canlón. O home subiuse á cuberta pero ao pisar un lucernario este venceu co peso e precipitouse desde uns 6 metros de altura. O operario, que non levaba arnés de seguridade, sufriu graves fracturas no cranio e a cara, un traumatismo pélvico, fracturas en brazos e bonecas, e outras lesións graves.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os responsables de dúas empresas da área de Vigo enfróntanse a penas de prisión e ao pago de indemnizacións por case 178.000 euros como presuntos autores dun delito contra os dereitos dos traballadores, en concurso cun delito de lesións graves por imprudencia grave, pola caída desde unha altura dun operario nunha nave do polígono do Caramuxo de Vigo, en novembro de 2021. Os tres procesados, a administradora dunha empresa e a súa filla, e o administrador doutra empresa, serán xulgados este luns na sala do Penal 3 da cidade olívica e, segundo a Fiscalía, son responsables do accidente que sufriu ese traballador por non adoptar medidas de seguridade, nin darlle formación en prevención de riscos laborais.

O traballador atopábase na cuberta dunha nave de loxística cuxos responsables contrataran á súa empresa co encargo de revisar, limpar e reparar un canlón. O home subiuse á cuberta pero ao pisar un lucernario este venceu co peso e precipitouse desde uns 6 metros de altura. O operario, que non levaba arnés de seguridade, sufriu graves fracturas no cranio e a cara, un traumatismo pélvico, fracturas en brazos e bonecas, e outras lesións graves.

A Fiscalía considera que a responsable da empresa onde estaba a traballar debía adoptar medidas de seguridade, e iso a pesar de que delegou na súa filla a contratación desas obras. O ministerio pública sinala tamén no seu escrito que a filla, “actuando con grave neglixencia”, asumiu a actividade preventiva dos traballos sen ter a formación nin coñecemento suficiente, e sen adoptar ningunha medida de seguridade. Do mesmo xeito, acusa tamén ao responsable da empresa que empregaba á vítima (como tornero fresador) por non proporcionarlle nin medidas de seguridade nin formación adecuada para traballar en altura.

Por estes feitos, solicita que o responsable da firma onde traballaba a vítima sexa condenado a 2 anos de prisión e inhabilíteselle para administrar empresas, ademais de pagar unha multa de 6.000 euros. A mesma pena pide para a responsable da outra empresa, na que tivo lugar o sinistro; mentres que para a súa filla pide un ano e medio de cárcere, o pago dunha multa de 3.600 euros e a inhabilitación para levar a cabo actividade de prevención de riscos laborais. Ademais, todos eles terán que indemnizar conxuntamente ao traballador con case 178.000 euros polas graves lesións sufridas, as numerosas intervencións cirúrxicas ás que tivo que ser sometido, as secuelas e o dano moral, xa que o prexudicado ten unha incapacidade total permanente para a súa profesión habitual.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo un home acusado de abusos sexuais continuados a unha menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Un ano de prisión por apropiarse de equipos dunha emisora para revender en tendas de segunda man

A Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebra este mércores 28 de...

O xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o ‘Saltamontes’ no que morreu un mozo en 2024

O xulgado de instrución 3 de Vigo, que investiga o accidente sucedido en agosto do...

Alento celebra o seu 25 aniversario elaborando “a tortilla máis grande da historia de Vigo”

A Asociación de Dano Cerebral Alento celebrará este sábado, 25 de maio, o seu 25 aniversario cunha festa...