InicioSociedadeO Concello de Vigo aproba a contratación das obras de mellora do...

O Concello de Vigo aproba a contratación das obras de mellora do ascensor inclinado de Juan Ramón Jiménez

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu luz verde este venres á contratación das obras para reparar e mellorar o ascensor inclinado da rúa Juan Ramón Jiménez, entre Menéndez Pelayo e Camelias, cun orzamento de 209.000 euros.

Abel Caballero informou, nunhas declaracións remitidas aos medios, de que a reforma permitirá ampliar o acceso á sala de máquinas do elevador e incorporar melloras de iluminación e a instalación dunha varanda.

O rexedor recoñeceu que este ascensor ten avarías frecuentes “polo nivel de utilización que ten“, e matizou que, ademais da dificultade para atopar repostos, por tratarse dun ascensor inclinado, “ten un acceso moi complexo para as reparacións”.

ÚLTIMAS

“Vigo ten unha oportunidade”: Louzán abre a porta ao Mundial de 2030 e anuncia unha visita a Balaídos

O presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán, destacou este xoves...

Nova resposta da Xunta a Caballero polo Mundial de 2030: “Mantemos a mesma postura desde hai tempo”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, insistiu en que a Xunta...

“Non pode ser que sufran un dano importante”: Caballero esixe compensacións xustas para aos afectados polo Ofimático

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu expresar este xoves o seu apoio aos...

“Que asinen mañá”: Caballero desafía a Rueda e á Deputación polo Mundial de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este xoves en que nin a Xunta...