InicioVigo e contornaVigoO BNG de Vigo pide un plan de actuación ante o incremento...

O BNG de Vigo pide un plan de actuación ante o incremento de atropelos na cidade

O grupo nacionalista urxiu ao equipo de Abel Caballero a actuar ante a "crecente inseguridade viaria" e reclamou a posta en marcha dun Plan Urbano de Seguridade Viaria

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do BNG pediu ao goberno de Vigo un plan de actuación ante o incremento dos atropelos na cidade, e advertiu de que este tipo de sinistros multiplicáronse nos últimos anos, ata rexistrarse unha media dun atropelo cada tres días.

Así, o grupo nacionalista urxiu ao equipo de Abel Caballero a actuar ante a “crecente inseguridade viaria” e reclamou a posta en marcha dun Plan Urbano de Seguridade Viaria.

Segundo sinalou o portavoz do grupo, Xabier Pérez Igrexas, cada ano rexístranse máis de 2.000 accidentes na cidade e, no últimos cinco anos, o número de atropelos multiplicouse por cinco. Só o ano 2022 (último dato actualizado), foron 109 atropelos, o que supón unha media dun cada tres días.

Por iso, pediu máis medios e un plan de actuación específico para lograr o obxectivo de cero mortes e cero accidentes graves, seguindo o camiño doutras cidades como Pontevedra, e priorizando o tránsito a pé, o uso seguro de bicicletas e vehículos de mobilidade persoal, e reforzando o transporte colectivo para reducir o número de coches circulando pola cidade.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...