InicioEconomíaCC.OO. denuncia o abandono do servizo de repartición no Rosal, Tomiño e...

CC.OO. denuncia o abandono do servizo de repartición no Rosal, Tomiño e A Guarda

PUBLICADO O

- Advertisement -

CCOO denuncia a situación de abandono da repartición no Baixo Miño provocada pola falta de contratación para suplir as vacacións do persoal de Correos. Con porcentaxes de entre o 50 e o 70 por cento do persoal de repartición ausente por vacacións, o operador público decidiu non cubrir os postos con traballadores eventuais. 

Os traballadores da cartería de Goian, cartería que cobre os concellos do Rosal e Tomiño, xa se concentraron o pasado 12 de xullo, denunciando a falta de contratación e contra as excesivas “recargas” (zonas de repartición que asumen os carteiros en ausencia doutros compañeiros). O persoal advertía do caos que se podía producir ao chegar agosto, sen contratación e cun maior número de traballadores de vacacións. 

Correos, lonxe de considerar a reclamación do persoal, continuou coa súa política de recortes“, denuncia o sindicato. Este 26 de agosto, as 14 zonas de repartición, nas que están divididos os concellos do Rosal e Tomiño, están cubertas unicamente por 6 traballadoras. No Rosal, a situación é aínda máis complicada, con só un efectivo dos 5 necesarios. Na Guarda o aumento estival de poboación agrava aínda máis o problema, provocando que se estean acumulando gran cantidade de envíos (máis de 800 notificacións) e que os carteiros estean a saír a repartición cos carros desbordados de paquetes e outros envíos postais, segundo a central sindical. 

“Os poucos traballadores/as dispoñibles no sur da comarca do Baixo Miño, entre 10-13 para máis de 30.000 habitantes, están sometidos a moita presión debido á imposibilidade de asumir unha carga de traballo tan desproporcionada”, critica. CCOO esixe a Correos a contratación de máis persoal para aliviar a carga de traballo que asume o persoal e así garantir o servizo á cidadanía. De non producirse un cambio de rumbo convocaranse novamente mobilizacións sen descartar ningún escenario.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...