InicioSociedadeAbre este mércores o prazo de solicitude de bolsas comedor na cidade,...

Abre este mércores o prazo de solicitude de bolsas comedor na cidade, que poderán pedirse ata o 12 de setembro

Segundo a asociación de pais e nais, o curso pasado foron convocadas a finais de xuño e as bolsas cobráronse en decembro, obrigando a pais e nais a adiantar o diñeiro do comedor durante catro meses. Algo que moitas familias non se poden permitir. Este ano, a convocatoria non estará dispoñible ata mediados de agosto, dous meses despois que en 2023.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo abre este mércores o prazo para pedir as bolsas comedor dos alumnos da cidade, que terán ata o 12 de setembro para solicitalas, co curso escolar xa iniciado. Tal como anunciou o alcalde, Abel Caballero, poderán solicitarse a través da web municipal ou de forma presencial na sede do Concello de 09.00 a 14.00 horas.

O rexedor volveu a criticar á Xunta, indicando que noutras comunidades son os gobernos autonómicos os que conceden estas axudas. Así mesmo, dixo que “non hai listas de espera”, xa que todos os nenos que a soliciten e cumpran cos requisitos, recibirán a bolsa. Todo iso despois de que a Federación Olívica de Asociacións de Pais e Nais de centros escolares de Vigo (Foanpas) criticase fai preto dun mes que o Concello non convocase aínda as bolsas para que os nenos da cidade gocen do servizo de comedor de forma gratuíta, o que fará que ese diñeiro sexa cobrado polas familias “en xaneiro ou febreiro”.

Segundo a asociación, o curso pasado foron convocadas a finais de xuño e as bolsas cobráronse en decembro, obrigando a pais e nais a adiantar o diñeiro do comedor durante catro meses. Algo que moitas familias non se poden permitir. Este ano, a convocatoria non estará dispoñible ata mediados de agosto, dous meses despois que en 2023.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Manifestación de traballadores de GKN este domingo en rexeitamento do ERE “inxustificado” da compañía

O comité de empresa da auxiliar automobilística GKN convocou este domingo, día 1 de...