InicioVigo e contornaVigoO BNG pregunta ao goberno de Vigo "que esconde" por non permitir...

O BNG pregunta ao goberno de Vigo “que esconde” por non permitir acceder aos informes do accidente de Matamá

"Esta opacidade o único que engade son máis dúbidas e incertezas sobre o fatídico accidente", indicou o portavoz do BNG, Xabier Pérez Igrexas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo acusou este martes ao goberno local de impedir “de forma ilegal” o acceso á documentación do accidente mortal ocorrido no Saltamontes das festas da parroquia de Matamá na madrugada do sábado 3 de agosto e pregunta “que é o que pretende esconder”.

Nun comunicado, os nacionalistas lamentaron que, a pesar de que o Concello ten un prazo máximo de cinco días para permitir o acceso unha vez solicitado, aínda non o fixo.

“Esta opacidade o único que engade son máis dúbidas e incertezas sobre o fatídico accidente”, indicou o portavoz do BNG, Xabier Pérez Igrexas, indicando que “non vai tolerar” que se vulneren os dereitos fundamentais dos concelleiros.

Así, realizou un novo requirimento para esixir que se facilite esta documentación de forma inmediata. “Estamos preparados para exercer todas as accións institucionais, administrativas ou xudiciais que sexan necesarias”, advertiu.

Por todo iso, preguntouse que é o que se pretende esconder. “Que é o que non se quere ou non se pode explicar?”, engadiu Igrexas, quen pediu que se aclare a verdade do ocorrido.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...