InicioSucesosUn lume no forno dunha panadaría obriga a desaloxar un edificio de...

Un lume no forno dunha panadaría obriga a desaloxar un edificio de sete pisos en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un problema no forno dunha panadaría parece ser a orixe dun incendio que obligou a desaloxar un edificio de sete pisos situado na praza de Santa Rita de Vigo .O inmoble foi evacuado na tarde deste venres ao declararse un incendio nunha panadaría. O suceso, que se saldou sen feridos, tivo lugar minutos despois das 16,00 horas, segundo trasladou o CIAE 112 Galicia.

Os donos da panadaría deron a voz de alarma aos servizos de emerxencia para avisar de que o forno estaba en chamas, polo que se activou un dispositivo que implicou aos bombeiros da cidade olívica. As chamas afectaron o forno e a cheminea do establecemento e obrigaron a desaloxar a parte das persoas que se atopaban no interior do inmoble.

ÚLTIMAS

Vigo converterase en abril no epicentro mundial da pesca sustentable co Global Sustainable Seafood Galicia Forum

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse este mércores...

A familia do vigués falecido nun aeroxerador en Burgos defende a inocencia dos seus amigos: “Non teñen a culpa do ocorrido”

A familia de Yibrán Javier Rodríguez, o mozo vigués de 23 anos que faleceu...

Caballero acusa á Xunta de “afundir” parte do campo de fútbol da ETEA e dálle cinco días para reparalo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou este mércores que a Xunta “afundiu” parte...

O Goberno vigués veta unha declaración institucional para pedir a fin das peaxes na AP-9

O goberno municipal de Vigo vetou este mércores unha proposta de declaración institucional, promovida...