InicioSociedadeO PP de Vigo pedirá unha comisión de investigación do accidente de...

O PP de Vigo pedirá unha comisión de investigación do accidente de Matamá e critica que o goberno local “non dea a cara”

"Ninguén dá a cara para ofrecer explicacións públicas e detalladas sobre o acontecido, mentres as dúbidas e as preguntas amontóanse á espera de respostas que só chegan de maneira parcial e ambigua a través de comunicados nos que o goberno local dedícase a sacudirse de enriba a súa responsabilidade", lamentou.

PUBLICADO O

- Advertisement -

PP de Vigo anunciou que pedirá no próximo pleno ordinario da corporación local a creación dunha comisión especial de investigación do accidente mortal ocorrido esta pasada fin de semana nas festas da parroquia de Matamá, onde un mozo de 35 anos faleceu mentres montaba nunha atracción de feira. En declaracións enviadas aos medios de comunicación, o portavoz ‘popular’, Miguel Martín, criticou a actuación do goberno local, por non “dar a cara” tras cinco días do suceso.

“Ninguén dá a cara para ofrecer explicacións públicas e detalladas sobre o acontecido, mentres as dúbidas e as preguntas amontóanse á espera de respostas que só chegan de maneira parcial e ambigua a través de comunicados nos que o goberno local dedícase a sacudirse de enriba a súa responsabilidade”, lamentou Martín.

Por iso, reiterou a súa solicitude de que a concelleira de Festas e o xefe da área de Seguridade comparezan para explicar que ocorreu, por exemplo, cal é o documento que faltaba por entregar ao Saltamontes sinistrado. Tamén se pregunta por que non se precintou a atracción se carecía de autorización se o Concello cumpre coa súa obrigación de revisar as atraccións que si están autorizadas antes do seu funcionamento.

ÚLTIMAS

Detido en República Dominicana un home condenado por violar e gravar a unha moza en Vigo tras fuxir de España

A Policía Nacional de República Dominicana detivo nas últimas horas a Miguel Ángel Wilson, de...

Traballadoras de Protección e Reforma de Menores concéntranse ante a delegación da Xunta para reclamar condicións laborais dignas

Traballadoras do servizo de Protección e Reforma de Menores concentráronse este martes, convocadas polo...

Renuncia por motivos de saúde o concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade de Redondela, Iván Valles

O concelleiro socialista do Concello de Redondela, Iván Valles, presentou a renuncia ao seu cargo...

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...