InicioSucesosChoque entre unha moto e un coche en Mos

Choque entre unha moto e un coche en Mos

O suceso aconteceu na rúa Ludeiro, na parroquia de San Martiño de Tameiga.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas foron trasladadas tras chocar unha moto e un coche na rúa Ludeiro, na parroquia de San Martiño de Tameiga, en Mos. Segundo informou o 112, foi un particular o que deu a voz de alarma 10 minutos antes das 10.30 horas deste sábado e detallou que o motoristas estaba ferido e tendido sobre o chan.

A central de emerxencias, mobilizou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Porriño, ao GES de Mos, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios e ao Servizo Municipal de Protección Civil de Mos. Unha vez no punto, os membros de Protección Civil indicaron que as dúas persoas feridas, ambas as ocupantes da moto, foron trasladadas ao hospital de referencia.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...