InicioSucesosNoite de gran actividade en Rande tras o accidente dun camión que...

Noite de gran actividade en Rande tras o accidente dun camión que perdeu 26.000k de óxido de magnesio

Xa foron reabertos os carrís cortados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O tráfico é totalmente normal na Ponte de Rande tras a apertura dos dous carrís pechados logo do accidente dun camión que perdeu a carga na autoestrada AP-9 na noite do luns.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o accidente produciuse ás 21,30 horas do luns na AP-9, no punto quilométrico 148, ao seu paso por Redondela. A primeira persoa que contactou co 112 para alertar foi unha veciña que se asustou polo estalido, posiblemente do rebentón dunha roda. Despois, o camión quedou virado coa cabeza tractora nos carrís do sentido contrario.

O vehículo xa foi retirado, pero aínda continúan os traballos para a limpeza, retirada dos restos e recuperación dos elementos de seguridade da vía. Unhas tarefas que se desenvolven desde a madrugada debido ás características da carga do camión: un metal (óxido de magnesio) convertido en po, que só se pode varrer.

De tal forma, son necesarias potentes máquinas que deben traballar nos carrís de ambos os sentidos da circulación ata asegurar a completa retirada desta sustancia e salvagardar a contorna. Aínda que os traballos están xa bastante avanzados, están cortados os carrís esquerdos en ambas as direccións.

Foi unha noite de intenso traballo tanto para os equipos de mantemento da empresa concesionaria da autoestrada como para os bombeiros do Consorcio de Pontevedra, pois acudiu persoal dos parques do Porriño e do Morrazo e tamén os membros do Grupo Supramunicipal de Emerxencias de Mos. Pola súa banda, os Bombeiros de Vigo foron informados e prealertados por se nalgún momento era necesaria a súa intervención.

O camión que se saíu levaba máis de 26.000 quilos de óxido de magnesio en po, almacenado en 20 sacos de gran capacidade. Moitos deles resultaron danados a causa do impacto, polo que o po espallouse pola calzada. Igualmente, ao producirse o accidente xusto na ponte de Rande, sobre a ría de Vigo, había que extremar a precaución para evitar que ese po puidese alcanzar o espazo mariño.

O condutor do camión foi atendido in situ por un equipo do 061, aínda que non foi necesaria a súa evacuación ao resultar ileso.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...