InicioMedio Ambiente e PatrimonioAbren dilixencias previas por verteduras da cidade deportiva do Celta tras denuncias...

Abren dilixencias previas por verteduras da cidade deportiva do Celta tras denuncias ecoloxistas

As verteduras estarían indo a augas das que beben veciños de Mos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xulgado de Instrución número 2 de Vigo notificou a Ecoloxistas en Acción a apertura de dilixencias previas para investigar a vertedura contaminante procedente de Afouteza, a cidade deportiva do Real Club Celta de VigoTal como informaron os ecoloxistas, o auto xudicial é anunciado varias semanas despois de que a organización interpuxese unha denuncia solicitando que se abrisen dilixencias penais contra o clube por delito contra o medioambiente e contra a saúde pública, xa que a vertedura das instalacións de Mos está vertendo residuos sobre mananciais das traídas veciñais das parroquias de Tameiga, Petelos e Sanguiñeda.

No seu día, os ecoloxistas entregaron ao xulgado os resultados dunha analítica da vertedura que reflicte “unha altísima concentración de feces e tamén a presenza de varios compostos químicos asociados aos pesticidas e fertilizantes habitualmente utilizados no coidado e mantemento dos campos de fútbol”. “A vertedura contaminante procedente de Afouteza é claramente un delito contra os recursos naturais ao ambiente, pero tamén un delito contra a saúde pública. A poucos metros, ladeira abaixo, atópanse varios mananciais das traídas de auga que corren un grave risco de contaminarse, se non o están xa”, engadiu Ecoloxistas en Acción.

“Desde que tivemos coñecemento da contaminación puxemos toda a información a disposición do Concello de Mos, pero o goberno local non actuou para atallar este problema, sabendo que ladeira abaixo se atopan varias captacións de auga das que beben gran parte dos veciños de Mos”, lamentou o coordinador do grupo local de Ecoloxistas en Acción, Xaquín Pastoriza.

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...