InicioSucesosCae un mozo 22 anos desde un tellado mentres contemplaba os lumes...

Cae un mozo 22 anos desde un tellado mentres contemplaba os lumes de Bouzas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un mozo de 22 anos, con iniciais M.B.G., tivo que ser trasladado polos servizos sanitarios tras precipitarse desde un tellado dunha vivenda en obras mentres contemplaba os fogos artificiais das festas de Bouzas, que se celebraron este domingo en Vigo.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron pasadas as 23.00 horas na Praza de Urzaiz. A esa hora, unha persoa contactou co servizo de emerxencias para pedir axuda, xa que un mozo precipitouse por un buraco desde unha altura duns oito ou nove metros. Ademais, na súa comunicación sinalaba que era complexo acceder ao ferido debido ás condicións nas que se atopaba o inmoble: tapiado e en obras.

Con estes datos, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112 Galicia), solicitaron a intervención dos Bombeiros de Vigo, así como dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron á rúa de Sebastián Elcano unha ambulancia de soporte vital avanzando na que foi evacuado o ferido ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Tal e como trasladou a Policía Nacional ao 112, o mozo subira a ese tellado para poder contemplar os fogos artificiais das festas de Bouzas. No operativo tamén interviñeron os axentes da Policía Local.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...