InicioCulturaCine Fraga, "o inicio da recuperación dun emblema cultural" de Vigo

Cine Fraga, “o inicio da recuperación dun emblema cultural” de Vigo

Abanca, Xunta e Deputación asinan a venda do Cinema Fraga de Vigo por 9,3 millóns, nun día "sumamente importante".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas; o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, asinaron este venres a venda do Teatro Cinema Fraga de Vigo por 9,3 millóns de euros.

Nun acto levado a cabo nas propias instalacións de dito Teatro, todos celebraron esta xornada “sumamente importante” para a cidade, a cultura e para Galicia en xeral, na que o Goberno galego e o provincial adquiriron o inmoble ao banco. O primeiro en falar foi Botas, quen lembrou as semanas e os meses de negociacións para que poida “reactivarse” un edificio como o Fraga, tras tantos anos sen actividade. El dixo que as administracións lle trasladaron á entidade financeira unha “oferta concreta” que o banco aceptou.

Na mesma liña falou López, que destacou que esta compra é “o inicio da recuperación dun emblema cultural” de Vigo. Segundo el, esta compra, levada a cabo nun 51%-49% por Xunta e Deputación, respectivamente, “cumpre un desexo” dos vigueses, mostrando o seu orgullo polo “compromiso cumprido”.

Así, agradeceu a Abanca e á Xunta a súa cooperación, co obxectivo de atraer máis cultura á cidade. Alfonso Rueda foi o encargado de pechar o acto, subliñando tamén o “comrpomiso” da Xunta con esta compra, ao trasladar unha oferta “firme” a Abanca. Agora, segundo dixo, é a quenda de determinar o plan de usos do edificio, co obxectivo de desenvolver un proxecto de obra que se adapte ao mesmo e a partir de aí licitalo. Por iso, Rueda engadiu que é momento de “porse a traballar” para que o inmoble sexa “un antes e un despois” da vida cultural de Vigo e de Galicia.

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...