InicioSociedadeFolga indefinida dos xardineiros ante a negativa da concesionaria de pactar unha...

Folga indefinida dos xardineiros ante a negativa da concesionaria de pactar unha subida segundo o IPC

Os empregados concentráronse a partir das 11.00 horas diante da sede do goberno local

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores da UTE Zonas Verdes, concesionaria municipal do servizo de Parques e Xardíns do Concello de Vigo, comezaron este luns unha folga indefinida ante a negativa da empresa de pactar unha subida salarial acorde ao IPC no novo convenio, que están a negociar nas últimas semanas.

A berros de ‘Non somos escravos, somos traballadores’, ‘Se sobe o IPC, os salarios tamén’ ou ‘UTE culpable, Concello responsable’, os empregados concentráronse a partir das 11.00 horas diante da sede do goberno local para pedir que se poña fin a esta situación.

Con pitos e petardos, máis de medio centenar de persoas protestaron ás portas do Concello neste primeiro día de folga na concesionaria municipal de Parques e Xardíns debido a unha “discrepancia” principal, que non é outra que se incrementen os salarios ano a ano segundo o IPC.

Tal como explicou aos medios de comunicación o presidente do comité de empresa, Alfredo Filgueiras, a UTE “pretende non asumir ningún custo da subida mentres dure a concesión”, trasladando os incrementos salariais ao final da mesma, para que se faga cargo a nova empresa concesionaria, que comezaría en 2027.

“Cousa que entendemos que é ilegal. Non podemos asinar ningún acordo con cargo á próxima concesionaria, porque ao final a seguinte non nolo vai a aceptar e imos ter que ir ao xulgado”, dixo, indicando que si se chegaron a outros acordos laborais, pero o punto de discusión actual é o salarial.

Para el, a empresa expón “ofertas desorbitadas”, pero todas con cargo á seguinte concesionaria. “Negámonos a ter unha subida que repercuta á nova concesión, porque xa falamos co Concello e non vai achegar ningún tipo de diñeiro a posteriori”, engadiu.

“Estamos a pedir que nos suban todo con respecto ao IPC e a empresa négase”, lamentou, lembrando que as subidas do anterior convenio eran lineais. Segundo dixo, son preto de 110 os traballadores da UTE, dos cales preto dun 90% secundaron a folga este luns. A pesar de todo, tachou de “abusivos” os servizos mínimos establecidos polo goberno local.

ÚLTIMAS

Industria empraza a 40 afectados polas expropiacións para a ampliación do PTL de Valadares a ser notificados en persoa

O Diario Oficial de Galica (DOG) publica este mércores un anuncio da Dirección Xeral...

Detida tras atropelar ao seu marido coa súa moto na avenida da Florida e darse á fuga

Unha muller, C.R.P.C. de Venezuela e 43 anos de idade, foi detida o pasado...

Detida en Serafín Avendaño tras saltarse unha orde de afastamento sobre a súa nai de 77 anos, trasladada ao hospital

Unha muller, R.K.A.Q. de Vigo e 44 anos de idade, foi detida na tarde...