InicioSociedadeVigo, Lugo e Santiago, entre as cidades máis seguras de España

Vigo, Lugo e Santiago, entre as cidades máis seguras de España

Vigo é a terceira cidade de máis de 250.000 habitantes onde serían menos probables os roubos no fogar.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Empresarial do Seguro (UNESPA) apunta no seu informe “Estamos seguros” que na categoría das cidades con máis de 250.000 habitantes, situaríase Vigo na terceira posición cun 25% menos de incidencia dos roubos en domicilios particulares.

A primeira gran cidade máis segura de España sería Palma de Mallorca cun 44% menos de asaltos a vivendas familiares. A segunda é Las Palmas de Gran Canaria, cun 34%  menos de probabilidade de sufrir roubos no domicilio. A Vigo séguelle en cuarto lugar Bilbao cun 19% menos e Valladolid cun 16% menos en probabilidades de substracción ilegal no domicilio.

“Estamos seguros” sinala ademais que nas cidades de Lugo e Santiago de Compostela a probabilidade de sufrir un roubo na casa sería a metade que no resto de España. Concretamente, Lugo un 55,67% menos de posibilidades de sufrir un roubo no fogar e Santiago cun 51,63% menos.

As dúas cidades están no ranking das poboacións con máis de 50.000 habitantes en España, onde se reducen as probabilidades de sufir roubos dentro do fogar. A primeira nesta lista é La Laguna en Santa Cruz de Tenerife, Canarias, cun 63,10% menos de posibilidades para un roubo na casa. A cuarta, a continuación de Santiago, é Salamanca cun 47,56% menos de posibilidades.

 

As cidades menos seguras en España para os fogares segundo o informe “Estamos Seguros” son Madrid, cun 42% máis de posibilidade de roubo na casa, Murcia con 37%, L´Hospitalet de Llobregat cun 32% e Sevilla cun 22%. Dentro das grandes cidades, Barcelona e Zaragoza estarían parellas coa media española.

UNESPA, a Asociación Empresarial do Seguro, ten 200 asociados entre aseguradoras e reaseguradoras, que representan o 96% do volume dentro do negocio dos seguros en España. “Estamos Seguros” é un plan divulgativo que elabora UNESPA desde o ano 2016 e que ten por obxectivo achegar a función do seguro dentro da sociedade.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...