InicioCulturaVolverá abrir as súas portas o Teatro Cine Fraga?

Volverá abrir as súas portas o Teatro Cine Fraga?

A Deputación de Pontevedra aprobou este martes o acordo coa Xunta para a adquisición, por parte de ambas as institucións, do antigo Teatro Cinema Fraga de Vigo, unha operación valorada en 9,3 millóns de euros, e na que o goberno galego achega o 51 % e a Deputación o 49 % restante.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Deputación de Pontevedra aprobou este martes o acordo coa Xunta para a adquisición, por parte de ambas as institucións, do antigo Teatro Cine Fraga de Vigo, unha operación valorada en 9,3 millóns de euros, e na que o goberno galego achega o 51 % e a Deputación o 49 % restante. O acordo chega horas despois de que o Consello da Xunta fixese o propio, e permite avanzar na recuperación deste inmoble emblemático, propiedade ata agora de Abanca, e que leva pechado desde 2001 (seis anos despois pechábase a sala de festas-discoteca Nova Olimpia, nos baixos do edificio).

As instalacións deberán ser revisadas por técnicos da Consellería de Cultura para analizar que obras son necesarias para completar a súa rehabilitación (unha gran parte dos traballos fixéronse entre 2008 e 2011, pero a obra quedou paralizada) e, a partir de aí, elaborar un plan de usos. O Teatro Cine Fraga, cun gran auditorio de 1.600 butacas, volverá recuperar o uso cultural. “É un paso máis para recuperar para a cidadanía un emblema cultural de Vigo”, sinalou o presidente da Deputación, Luís López.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...