O Grupo de Combate Expedicionario da Armada, ao mando do contraalmirante Gonzalo Villar Rodríguez, e composto polo portaavións ‘Juan Carlos I’, con catro Harrier AV8B+ e tres helicópteros AB-212, así como un Batallón Reforzado de Desembarco de Infantaría de Mariña, o buque de asalto anfibio ‘Galicia’, con dous helicópteros H-35 e a fragata F-103 ‘Blas de Lezo’ cun SH-60B, recalarán en Vigo do 10 ao 12 de xullo.
Durante os últimos tres meses, o Grupo operou con unidades de 28 dos 32 Estados membros da OTAN, realizou actividades con dous grupos de portaavións aliados, o italiano ITS ‘Cavour’ e o francés FS ‘Charles de Gaulle’ e catro grupos anfibios, o americano ARG/MEU do USS Wasp, o francés FS Mistral, o neerlandés RNS Johan de Witt e o turco TGC ‘Anadolu’.
Segundo explican nun comunicado, o persoal das dotacións forman un continxente de 1.500 persoas, das que 450 son Infantes de Mariña e 208 mulleres. Visitáronse portos de Turquía (Aksaz, Izmir e Istambul), Grecia (Atenas e Souda), Suecia (Malmoe), Estonia (Tallín), Finlandia (Helisinki), e os portos nacionais de nacionais Mahón e Rota, para apoio loxístico e Xixón, para realizar as actividades DIFAS-24.
O grupo chega a Vigo, tras unha breve escala en Bilbao, procedente do mar Báltico, onde participou nos exercicios navais máis importantes da OTAN, BALTOPS-24, xunto á maioría de países aliados, incluídos Suecia e Finlandia, xa como países membros da alianza, completando así a presenza de unidades de todos os aliados ribeiregos do Báltico, no mar.
Esta edición de BALTOPS 2024, contaron coa presenza de 9.000 efectivos, de 19 países aliados, embarcados no medio centenar de buques e co apoio de 85 aeronaves. Ademais, o Grupo de Combate Expedicionario Dédalo recibiu en Tallin a visita do rei Felipe VI, xunto co Presidente de Estonia, que comprobou as capacidades do Grupo e puxo en valor todas as actividades realizadas a favor da disuasión e defensa do espazo euro-atlántico. En Vigo, ofreceranse xornadas de portas abertas para que o público xeral poida visitar os tres buques o xoves día 11 de 10:00 a 20:00 e o venres 12, o Galicia, de 10:00 a 13:00.