InicioSociedadeO TSXG respalda á Cidade Deportiva do Celta desestimando o recurso dos...

O TSXG respalda á Cidade Deportiva do Celta desestimando o recurso dos comuneiros

Os comuneiros de Tameiga argumentaban que o proxecto do Celta non cumpría cos requisitos de interese autonómico, pero o TSXG falla en contra das súas reclamacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou un recurso contencioso administrativo presentado pola Comunidade de Montes de Tameiga en Mos, contra o acordo do Consello da Xunta que aprobou a declaración de interese autonómico do proxecto ‘Factoría do Deporte Galego-Galicia Sport 360’, promovido polo Real Club Celta.

Tal e como se recolle na sentenza, do 6 de xuño pasado, os comuneiros alegaban que o desenvolvemento urbanístico da cidade deportiva do Celta estivera trufado de irregularidades e que, para levalo adiante, primeiro tentouse unha modificación puntual da PXOM de Mos, e logo acudiuse á vía da declaración de interese autonómico. Así mesmo, apuntaron que varias das obras levadas a cabo fixéronse baixo licenzas declaradas logo ilegais. Igualmente, explicaban no seu recurso que o proxecto non cumpre os requisitos para ser declarado de interese autonómico, que non ten incidencia supramunicipal, que se obviaron os danos ás captacións de augas, ou que non había unha análise da súa sustentabilidade económica, entre outros argumentos.

O alto tribunal galego desestimou as pretensións dos recorrentes ao considerar que a declaración de interese autonómico (DIA) non certifica a legalidade do proxecto senón a existencia dun interese autonómico que xustifica a súa tramitación.

Por outra banda, sinala que a legalidade das obras realizadas con licenzas anuladas xa foi restablecida coa aprobación dun Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións; e que a Xunta non utilizou a DIA, como acusan os Comuneiros, para “premiar” a quen actuaron pola vía dos feitos. En canto ao resto de consideracións, o tribunal expón que non se acreditou o dano ás captacións de augas e que, esa afección, será en todo caso analizada no proceso de tramitación do Proxecto de Interese Autonómico (PIA).

ÚLTIMAS

Un cargueiro á deriva fronte a Portugal é remolcado a Vigo tras quedar sen temón

O cargueiro Xeral Eikborg, de bandeira neerlandesa, está a ser remolcado este venres ata...

Sanidade garante a atención aos usuarios de Povisa e abre unha investigación polas denuncias de falta de médicos

A Consellería de Sanidade reiterou este venres que os usuarios do hospital vigués Hospital...

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

O Goberno inicia en Vigo a construción dunha planta de fotónica vinculada á Universidade de Vigo

O ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López, participou este...