InicioPolíticaO PP denuncia que o goberno de Caballero "oculta" as queixas de...

O PP denuncia que o goberno de Caballero “oculta” as queixas de Protección Civil a pesar dos avisos de Transparencia

Así, o concelleiro 'popular' Fernango González Abeijón sinalou que pediu no principio do ano ter acceso ás queixas, incidencias e comunicacións da agrupación de voluntarios de Protección Civil e non recibiu resposta por parte do goberno municipal, negando esa información "por silencio administrativo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este mércores que o goberno municipal de Abel Caballero “oculta” as queixas e incidencias presentadas polos voluntarios de Protección Civil dos últimos cinco anos, a pesar das advertencias da Comisión de Transparencia de Galicia. Así, o concelleiro ‘popular’ Fernango González Abeijón sinalou que pediu no principio do ano ter acceso ás queixas, incidencias e comunicacións da agrupación de voluntarios de Protección Civil e non recibiu resposta por parte do goberno municipal, negando esa información “por silencio administrativo“.

O edil do PP recorreu entón á Comisión de Transparencia, en maio pasado, e este organismo admitiu a trámite a súa denuncia e instou ao goberno local vigués a trasladar esa información ao grupo municipal que a requiriu. Con todo, o prazo dado pola Comisión expirou e o goberno local e a concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez Calviño, “inciden no seu escurantismo”. Ademais, González Abeijón criticou o “plantón” de Abel Caballero e o seu goberno aos voluntarios de Protección Civil durante a recente entrega de medallas polos seus 25 anos de servizo. No acto, celebrado na Estrada, acudiron representantes de varios concellos galegos, pero “Vigo non tivo ningunha representación municipal”.

Os voluntarios de Protección Civil non se merecen estes malos tratos. Dan moito á cidade pero, a cambio, o seu máximo representante ignóralles totalmente. Ou peor aínda, móstralles publicamente o seu desprezo. Será probablemente porque, do mesmo xeito que os bombeiros, non lle son dóciles“, engadiu González Abeijón. Finalmente, o concelleiro popular reclamou que se convoquen as eleccións necesarias para conformar a nova directiva da agrupación local deste servizo, que leva anos en situación de provisionalidade.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...