InicioSucesosFerido grave un condutor que se desvaneceu e colisionou contra cinco coches...

Ferido grave un condutor que se desvaneceu e colisionou contra cinco coches na Avenida de Madrid

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ás 04:30 horas da madrugada deste luns produciuse en Vigo un accidente de tráfico no que se viron implicados cinco turismos que se atopaban estacionados e o condutor dunha furgoneta, de 53 anos de idade.

Os feitos tiveron lugar na Avenida de Madrid confluencia con Avenida Emilio Martínez Garrido, sendo a causa probable unha indisposición súbita do condutor da furgoneta.

Ao parecer, tras o desmaio, impactou contra un vehículo estacionado causando danos a outros catro polo desprazamento dos vehículos. O condutor, tras 20 minutos de manobras de reanimación polos axentes de Policía, unha vez estabilizado, foi trasladado por unha ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Produciuse tamén outro accidente de circulación cun ferido grave no túnel de Travesía de Vigo. Os feitos tiveron lugar ás 13:30 horas do sábado, cando o condutor dunha motocicleta de 55 anos de idade, caíu ao chan por circunstancias que aínda se descoñecen.

ÚLTIMAS

Zendal organiza no Porriño un encontro internacional sobre os desafíos da inmunización e a saúde global

A compañía biotecnolóxica Zendal organizará este venres, 24 de abril, nas súas instalacións do...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...