InicioSucesosRescatan da auga no porto de Vigo o corpo sen vida dun...

Rescatan da auga no porto de Vigo o corpo sen vida dun home de 61 anos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os servizos de emerxencias rescataron da auga o corpo sen vida dun home de 61 anos no porto de Vigo.

En concreto, segundo informa o 112 Galicia, foron os bombeiros da cidade olívica os encargados de sacar do mar a este home, que foi achado na zona do Berbés.

Tras recibir a alerta por parte do centro do control do porto sobre as 20.20 horas da tarde deste mércores, o 112 solicitou a colaboración dos servizos de urxencias sanitarias 061, da Policía Local e da Nacional, da Garda Civil e dos bombeiros, que trasladaron o cadáver a terra.

Tamén se advertiu a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.Na actualidade, trátase de esclarecer as circunstancias do suceso. Fontes da Policía Nacional indicaron que o falecido é un home de 61 anos de idade, que ía vestido e documentado e que non presentaba signos aparentes de violencia, “sendo posible que se tratase dun accidente”.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...