InicioVigo e contornaVigoVeciños de Vigo piden outro modelo de Nadal despois da sentenza do...

Veciños de Vigo piden outro modelo de Nadal despois da sentenza do TSXG

Critican que o goberno local pretenda politizar a situación e que nunca os recibiu para escoitar as súas queixas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Veciños do centro de Vigo celebraron este xoves a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que deu a razón a unha muller que denunciou vulneración de dereitos polo ruído que provocan as festas na cidade: “Ninguén quere acabar co Nadal, pero o modelo ten que ser diferente”.

En rolda de prensa, a presidenta da Asociación de Veciños Zona Centro de Vigo, Alba Novoa, puxo en valor o fallo do Alto Tribunal galego, agradecendo o traballo levado a cabo tanto polos veciños, como polos avogados e mesmo polos medios de comunicación para chegar a esta resolución.

Ela explicou a situación que viven miles de veciños do centro da urbe durante “dous meses ao ano”, cando as rúas se enchen non só de visitantes, senón de atraccións que non permiten o descanso, segundo lamentou.

Por iso, pediu ao goberno local que aposte por un modelo de cidade “habitable, sustentable e respectuoso cos veciños”, ademais de con o medioambiente e co patrimonio, esperando que “corrixa” a situación dos últimos anos tras esta sentenza, porque “é de sentido común”.

Ela cualificou de “agresión” o ocorrido nas últimas festas do Nadal na cidade, ao impedir o descanso dos habitantes do centro.

Preguntada sobre as palabras do goberno municipal, que acusa ao PP e ao BNG de estar detrás destas denuncias (en total presentáronse ata 13 nos tribunais), ela negou estas afirmacións, asegurando que é “insultante” porque foron os veciños quen “llo guisaron”, sen “partidos políticos que os dirixiron”.

“Téñennos máis medo que a calquera partido político, porque non é unha confrontación ideolóxica, é cuestión de dereito”, subliñou Novoa, lamentando que se queira politizar a situación. “Fixarvos no contraste. Din que estamos dirixidos polo BNG e o PP. Sería a primeira vez que van da man en Galicia”, ironizou.

Ela defendeu que en Vigo aínda hai “movemento veciñal”, porque hai homes e mulleres “activistas” aos que “non conseguiron exterminar”. “Nunca quixeron reunirse connosco. Nunca nos escoitaron e non teñen nin a menor idea de quen somos”, sentenciou.

Por todo iso, defendeu “un modelo diferente” de Nadal, que acabe co “parque de atraccións” montado debaixo das xanelas dos edificios e un “botellón patrocinado polo Concello” na alameda da cidade.

Tamén o avogado da asociación veciñal, Víctor Vázquez, falou ante os medios de comunicación, explicando que espera que agora o goberno local non repita os mesmos erros que foron xa xulgados. Aínda que lembrou que quizá recorran o fallo desde o Concello, el dixo que hai pendentes outras 12 sentenzas sobre temas similares relativos ao Nadal.

ÚLTIMAS

A ministra de Deportes suxire que Vigo será sede do Mundial de Fútbol

A ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, Milagros Tolón, asegurou que o estadio...

Rescatados dous tripulantes que encallaron co seu veleiro en Cabo Silleiro

O rescate dos dous tripulantes dun veleiro que quedou encallado fronte á costa de...

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...