InicioSociedadeA Deputación aproba o convenio con Concello para a reforma da bancada...

A Deputación aproba o convenio con Concello para a reforma da bancada de Gol de Balaídos

"Hoxe é un día importante para Vigo, para a provincia e para o celtismo", dixo Luís López

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Deputación de Pontevedra aprobou este venres en Xunta de Goberno o convenio co Concello de Vigo para a reforma da bancada de Gol do Estadio de Balaídos.

En rolda de prensa, o presidente da Deputación, Luís López, informou que a administración provincial achegará “máis de 13 millóns de euros, é dicir, o 50% da obra” para que “o celtismo goce dun estadio de primeira para os próximos cen anos”.

“Hoxe é un día importante para Vigo, para a provincia e para o celtismo”, manifestou ante os medios o presidente provincial. López destacou que eses 13 millóns de euros que achega o organismo provincial para a reforma do Estadio Municipal “son o maior investimento que realizará a Deputación en Vigo, son un impulso millonario para que Balaídos sexa un estadio de primeira” e son tamén, engadiu, “outra mostra máis de que cumprimos a nosa palabra”.

Agora queda pendente a celebración do acto de firma pública do convenio, que se fará no propio estadio “co Concello e coa presenza do Celta”. Neste sentido, Luís López insistiu en que están “a disposición” do consistorio para que o proceso de licitación e execución “prodúzase da maneira máis áxil e máis rigorosa posible”, tendo en conta que hai “antecedentes de atrasos e sobrecustos nas obras do estadio”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...