InicioCulturaAndrea Vilariño, mellor actriz no Festival de Cans

Andrea Vilariño, mellor actriz no Festival de Cans

'O Frío' triunfa no Festival de Cans con tres premios, incluídos mellor curto de ficción e mellor director

PUBLICADO O

- Advertisement -

O curto ‘O Frío’ do director Pablo Dopazo foi elixida o xurado do Festival de Cans como gañadora na sección de Ficción, ademais de levar o premio a Mellor Director e a Mellor Actor para José María Sanjurjo.

Tal e como informou a organización do certame, o curto foi premiado pola súa capacidade para “facer sentir a distancia, o desafecto e o frío”. A película, inspirada nunha historia real, ten como protagonista a un home que traballa nun mercado de abastos dunha cidade galega e un día recibe unha chamada que perturba a súa vida normal e fai que o pasado volva.

Así mesmo, no apartado de Animación o premio foi para ‘Alguén me chamou Serpe Negra’, que conta con guión e dirección de Borja Santomé. Mentres, o premio a Mellor Actriz nesta edición recaeu na protagonista do curto ‘Nai’, Andrea Vilariño, e o filme ‘To bird or not to bird’, do realizador e guionista Martín Romero, obtivo dous galardóns: Mellor Guión e Mellor BSO.

Por outra banda, o premio a Mellor Fotografía foi para ‘Ruovesi‘, un curto da directora e guionista Andrea Zapata. O galardón do xurado dos veciños a mellor curtametraxe de ficción/animación foi para ‘Aquarium’, da realizadora italiana Marguerita Morello. Esta última xornada do festival arrincou coas proxeccións de curtos das distintas categorías oficiais. Este mediodía, o público asistente tamén puido acudir ao coloquio co director David Trueba, convidado especial en Cans nesta edición.

ÚLTIMAS

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...

Unha noite de violencia en Vigo: agresións nun bar e ataque a un axente con unhas chaves

Un home, de 42 anos de idade, foi detido na madrugada do pasado domingo...